A maleta da avoa na librería Andel (Vigo)

9 novembro, 2013

A maleta da avoa visitou a librería Andel, en Vigo, que fai apenas un mes que estreou a suas novas instalacións no número 102 da Avenida das Camelias (Vigo). Esta é unha librería especializada en textos galegos e portugeses.  Foi un pracer vagar polos seus andeis guiada por Xaime e Conchi, atopando novas historias.  Tamén teñen seu propio andel na rede, www.andelvirtual.com, con milleiros de referencias.

Libreria Andel

Alí coñecín ao poeta Manolo Pipas, quen escribiu esta fermosa crónica no seu caderno dixital, www.envolventesaspalabras.info

cóntame queliña
cóntame un conto
un conto por favor
da maleta da avoa
títeres de mazarocas
e a historia do papón

a maleta da avoa
está chea de contos
de contos que son verdade
ai que cousiñas tan ricas
suspiran nenas e nenos
ai que fermosas viaxes

(manolo pipas)

X