A Maleta da Avoa en Vilamincha

13 xuño, 2014

Vilamincha é un moi especial espazo creativo para pequenos que se atopa no número 27 da Rúa Fontiñas, en Santiago de Compostela. Aquí, Eva e Emanuela organizan unha chea de actividades artísticas e culturais para o gozo dos mais pequenos (e as súas nais e pais, por suposto). Foi un auténtico pracer coñecer este interesante proxecto, que podedes seguir no seu blog.

Foi unha sorte ser invitada coa Maleta da Avoa, a celebrar o fin de este curso escolar.

X