Glup. Obradoiro de igualdade en Caldas
O luns, martes, mércores e xoves da semana pasada, parte da rapazada de primaria do CPI Alfonso VII de Caldas estivo comigo en GLUP. Un obradoiro de igualdade, de iniciación á convivencia e resolución de conflitos. A escola é o entorno natural no que os nenos e nenas desenvolven a maior parte das súas relacións sociais, polo que é o lugar onde as condutas de acoso son máis visibles. Para evitar este tipo de condutas resulta determinante reforzar a educación emocional e a adquisición de habilidades sociais e valores de convivencia. Moito contamos, rimos, choramos, e soñamos!! Grazas ao Concello de Caldas e a o CPI Alfonso VII!!