Caso Pechado en Cee

21 outubro, 2021

Moi ben o pasei hoxe contando Caso pechado dentro da fabulosa programación cultural da Fundación Fernando Blanco de Lema para o alumnado de quinto e sexto do CEIP Eugenio López de Cee e usuari@s de ASPADEX.
Grazas Darío Areas por contar comigo un ano máis.

Faime feliz recibir mensaxes da profe Patricia, é unha ledicia ver que gusta e valórase o teu traballo.

‘Encantoume/ encantounos. Vaia currazo para ti soa. Moito mérito. Foi xenial por manter durante un espacio de tempo amplio a atención de tod@s nós…regresamos de volta ó cole analizando caso por caso… Polos valores que transmites, a calidade dos contidos, a forma de ligalos…vamos un traballo moi ben feito dunha persoa que lle gusta o que fai e que debe ser unha súper profesional. Parabéns! Espero volver a encontrarte no camiño. Na miña aula estarás presente seguro.’

 

 

X