Somos iguais en Cuntis

25 setembro, 2019

O 25 de setembro estiven con “SOMOS IGUAIS” na Biblioteca de Cuntis, grazas ao programa de Ler Conta Moito. Esta vez agardaba por min a mocidade, alumnado de 2 da ESO CPI Aurelio Marcelino Rey García.
Despois  de contarlles as verdadeiras versións dos contos de sempre que escoitaron  con abraio , despois  de percorrer á cabalo grandes distancias na procura dunha resposta   “Que é o que máis desexan as mulleres? Chegou o momento da realidade, do día a día, tempo de meterse na pel da outra,na pel  do outro. “Somos iguais. Contos pola igualdade”.
Grazas a Mario, o bibliotecario, pola emotiva presentación que fixo resaltando a importancia da educación en igualdade para todxs. Grazas tamén polas fotos.
X