i trretert
contacontos Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola  Universidade de Santiago de Compostela (1998). Cursou estudos de  Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal,  bufón, commedia dell'arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia,  manipulación e fabricación de títeres,etc.) en diferentes centros ou  encontros de formación (UNIMA Aragón, Sala el Montacargas de Madrid,  RESAD, Sala DT, Taller de teatro Asura, PROEXDRA, Estudio 3, Aula de  Teatro de Santiago de Compostela, Espacio Aberto). Entre os seus  mestres atópanse: Roberto Salgueiro, Cristina Domínguez, Carlos Neira,  José Campanari, Eric de Bont, Pablo Pundik, Joseph Estela, Nestor  Muzo, Javier Alman, Gabriel Molina, German Caro, Piris, Fabio Mangolini,  Jordi Bertrán, Freddy Artiles, Pablo Vergne, Leo Bassi, Santiago Alonso,  Paco García del Águila, Jango Edwards, Neville Tranter...  Cofundadora e integrante da compañia Teatro da Semente, na obra  Viaxe a Dadá. Forma parte do elenco da compañia Os Monicreques de  Kukas, na que participa coma actriz-manipuladora, na obra O Kiririxote,  actividade que compaxina con varios espectáculos de contacontos,  Contos Pícaros, Contos do Cestiño, Soñadora das Árbores, Contos no  Tendal, etc. dentro dos programas Letras Vivas e Camiños da Cultura da  Xunta de Galicia, e coa realización de diversos obradoiros para nenos  (animación á lectura, teatro, curtametraxes e “stop-motion”, expresión  corporal, etc)  Coa compañia A Xanela do Maxín, participou na obra de títeres O  Rei Destronado (2011). Formou parte do elenco da compañía Galitoon, na  que participa nas obras Rosalía, a pulga que escribía, Os limóns, Golulá,  e A Festa dos Axóuxeres. Coa compañía Os Monicreques de Kukas,  participou como actriz e marionetista nas obras O castelo da Rocha Vella   e Sete contos capitais. (2009-2010)  No Centro Dramático Galego, participou coma actriz-manipuladora  na obra Valdemuller, dirixida por Pablo Vergne (2008).  Foi compoñente da compañía Akántaros, Del castillo a tu jardín, Festival de Almagro,(2007). Para mirarte mejor , Casa  de América, (2006), Del fruto al árbol... (2006). Integrante de Tragaleguas Teatro, realizou diversos  espectáculos de rúa e mercados medievais, (2004-2007). Formou a compañía Trasteando Títeres, De planeta a  planeta, espectáculo de manipulación de obxectos e  monicreques, (2005). Con Leo Bassi  participou en espectáculos de rúa  (2005). Na inauguración da Terminal 4 de Barajas, con Els  Comediants (2005). Participou no Maratón de Clown IX Festival Internacional  de Clown na Sala El Montacargas (2004). Coa compañía Berrobambán, foi integrante do proxecto  teatral ASTEROIDE B612, dirixido ao público infantil con  montaxes semanais na Sala Nasa de Santiago. Participou nas  obras Dous contos sen final,(2001), Diariamente (2000),  baseadas en textos de José Campanari. Ndc, baseado en  textos de Rodrigo García , Xuvenca e Cochón, (1999), textos  de Paula Carballeira, Con vostedes Golfiño! (Editorial Xerais),  O labirinto da literatura, Encontro Luso-Galaico-Francófono de  Porto, (1999). Os Monicreques de Kukas, “Sete Contos Capitais” Galitoon, “Golulá” Centro Dramático Galego, “Valdemuller” Tragaleguas Teatro Teatro da Semente, “Viaxe a Dadá”