Nano en Fisterra

O Nano chegou ao fin da terra!! Que ledicia ver a sala chea de familias con gana de contos. Grazas, Silvia e Francisco por contar con nós…

Pola mañan estivemos no Salón de Actos do Concello de Fisterra, e pola tarde, despois de degustar riquísimo peixe, continuamos de viaxe… ata a vella escola de Villar de Duio, onde  agardaba por nós Eva. Contounos que fai moitos anos tiveran un mestre que tiña un can chamado Xurelo e unha cadela chamada Xouba cos que enredaban xogando polo prado grande mirando o mar…

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEIP de Viñas

Grazas ao CEIP de Viñas en Poio e Andrea Bayer por pensar en min para rematar as actividades do 25N. A seguir gozando co cine!!!

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito.

Na túa man en Freixo

A Asociación de Veciños de Freixo convidoume, grazas a Deputación de Pontevedra, a contar contos para a veciñanza. As compañeiras colocaron o cartaz de ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS.

Bravas!!

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Grazas a ANPA do EEI A Capela de Ribeira coñecín unha escoliña moi feita, alí agardaban por min as mestras Ana e Rosa, e a pequena Lola. Foi unha honra inaugurar o fermoso recuncho para os contos cheo de sorrisos das familias.

Esta actividade foi financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Glup. Obradoiro de igualdade en Caldas

O luns, martes, mércores e xoves da semana pasada, parte da rapazada de primaria do CPI Alfonso VII de Caldas estivo comigo en GLUP. Un obradoiro de igualdade, de iniciación á convivencia e resolución de conflitos. A escola é o entorno natural no que os nenos e nenas desenvolven a maior parte das súas relacións sociais, polo que é o lugar onde as condutas de acoso son máis visibles. Para evitar este tipo de condutas resulta determinante reforzar a educación emocional e a adquisición de habilidades sociais e valores de convivencia. Moito contamos, rimos, choramos, e soñamos!! Grazas ao Concello de Caldas e a o CPI Alfonso VII!!

Historias Azuis. Integra a diabetes na escola

Visibilizar a diabetes tipo I nos centros educativos é clave para conseguir a tan anhelada integración. Oxalá chegue o día da cura desta doenza, mentres con Anedia sempre polas nenas e polos nenos! Grazas a eses colexios, empáticos e integradores, así a “mochila” pesa un pouco menos! Seguimos!!!

7 de novembro de 2023: Centro Educativo Sagrado Corazón de Lugo e CEIP As Gándaras de Lugo.

10 de novembro de 2023: CEIP A Paz de Vigo e CEIP Lope de Vega de Vigo.

13 de novembro de 2023: Colexio Plurilingüe San José-Josefinas en Ourense  e CEIP de Castrelo do Val en Ourense.

14 de novembro de 2023: CPI Plurilingüe Alfonso VII de Caldas de Reis.

16 de novembro de 2023: CEIP O Grupo de Ribeira

17 de novembro de 2023: CPI Domingo Fontán de Portas en Pontevedra

Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal lles parecerá a diabetes de tipo 1 ás crianzas, ao profesorado e axudará a eliminar prexuízos. Medrar cunha doenza crónica como a diabetes de tipo 1 non debe ser un freo para o seu desenvolvemento. Tamén durante a infancia, quen ten diabetes pínchase para facer os controis de glicemia, inxéctase insulina, leva sensores, bomba de insulina e leva unha alimentación sa pero ante todo é un neno ou unha nena coma os demais.

A viaxe de Nano en Redondela

O xoves 16, contei de novo na Biblioteca de Redondela a grazas á  Fundación Filomena Rivero Alonso e Taller Abierto . Imos aprender, é moi sinxelo, a nosa lingua é o primeiro. Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequena ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto.

A maleta da avoa en Esteiro (Muros)

Que ben o pasamos o mércores 15 de novembro na Biblioteca de Esteiro coas familias, pescudando os misterios que agocha a ‘Maleta da avoa’! Grazas por contar conmigo unha vez máis. Moi chula a reportaxe fotográfica feita por Sé, a bibliotecaria. Aquí van dúas fotiñas!

Raposadas en Collantres (Coirós)

Esta tarde desfrutei moito facendo raposadas na Asociación Cultural Collantres! Grazas a todas as familias por vir! E grazas ás persoas colaboradoras e veciñas por facer posibles estes eventos! Grazas a vós, Acr Collantres, Dani e familia, por contar comigo para esta tarde de contos e merenda saudábel!! Ata a próxima historia!!! Parabéns pola boa organización e o moito agarimo que poñedes organizando actividades culturais para as familias!

Cinema de historias da man de Alice Guy no Museo da historia de Lugo

Quedou tarde de cine!! Grazas a Cultura e Turismo de Lugo, a o Museo da historia e aB iblioteca Municipal  por permitirme contar a historia da fascinante Alice Guy, a nai do cinema. Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

Chimpo de ra en Cambre

Cantas familias agardaban, este sábado, polos contos de Chimpo de ra no centro sociocultural o Graxal do Concello de Cambre. Que felicidade!!! Moitas crianzas ao final achegáronse para pedir o desexo… Porque será que as maiores queren ser pequenas e as pequenas queren ser maiores..? Grazas por contar comigo!

Conto me río en Vedra

Así de ben o pasamos na na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón de Vedra, con “Conto me río”:

Obradoiro “O conto contado” na Universidade da Coruña

Hoxe fun impartir os obradoiros de “Conto contado” para o alumnado da facultade de Ciencias da Educación da Universidade Coruña. De novo unha experiencia ben fermosa!! Unha honra formar parte!! Agardo que gocedes contando
Cóntao moi ben @montsemurianor:

O que sucedeu hoxe en #DLG2324 merece unha publicación ao grande. Hoxe tivemos a sorte de volver contar coa nosa querida Raquel Queizás, co seu fantástico obradoiro de narración oral. Mais eu quédome con que hoxe o alumnado de @espazocompartido_udc e o de #DLG2324 vivistes -vivimos- unha experiencia única. Xuntas e xuntos somos máis fortes nunha sociedade que aínda ten moito que aprender, moitísimo. Hoxe fostes -fomos- un gran equipo, compañeirxs!! Non me cansarei nunca de darlle as grazas a @thais_pousada por confiar en nós para este proxecto e a Claudia e Ana, as mellores mestras do mundo. Parabéns para todas e todos, compañeirxs!!!

Chimpo de ra en Laxe

Grazas a Deputación da Coruña, Nano e mais eu poidemos viaxar a Laxe co noso espetáculo “Chimpo de ra”

Raposadas en Cerceda

Raposadas e merenda na Biblioteca Municipal de Cerceda!

Na túa man en Ribadeo

Este martes 10 de outubro, dentro da programación de “O Concello cos coles” de Ribadeo,  a rapazada de primaria gozou da actividade “Na túa Man: contos pola igualdade“.

Grazas a Ler conta moito e ao Concello de Ribadeo e a Neves e a Mónica. Foron tres sesións no Auditorio cun público entregado!!

Travesías en Marineda City (A Coruña)

Hoxe fun de Travesías. Aventuras de libro ata o Centro Comercial Marineda da Coruña. Agardaba por min unha aguerrida tripulación:

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEP de Riomaior

Sempre é unha ledicia gozar das bibliotecas!!

Hoxe no CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa contaron comigo para tan importante evento. Ata alí fun para desvelar a fabulosa historia da gran Alice Guy, a nai do cinema. . Grazas ao cole ao Concello de Vilaboa e tamén a Culturactiva por contar comigo.

Conto me río en Negreira

Vaia circo montou Nano hoxe coas familias de Negreira!!

Entre contos, xogos e circo pasamos a tarde solleira. Grazas por vir!!

Soñadora das árbores en Alfoz

Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba “na póla”. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran.

E cambioulle a vida… Só comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudábel. “SOÑADORA DAS ÁRBORES” é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza.
 
<  

Na túa man no IES Pedregal de Irimia

Hoxe visitei o IES Pedregal de Irimia en Meira para compartir coa rapazada “Na túa man“. Grazas, Bea, por pensar en min!!

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.

Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

Onda min en Ribadeo

Canourísima xornada o sábado en Ribadeo!!

Feliz de contribuír a reivindicar ás canouras,  esas mulleres do interior de Lugo, que acudían en setembro a Ribadeo para darse os 9 baños. Fascinantes mulleres, son as pioneiras do turismo, e moito máis…

Grazas, Noe, es unha cicerona marabillosa, un pracer investigar xuntas, Grazas, Carricoba es o meu informante e compañeiro nesta aventura. Grazas, Rafa por pensar en min. Grazas a Ana, a Nieves, a Isolina, a Inés, a Sabela,…por contarme tamén as vosas lembranzas e saberes sobre as canouras cas que puiden fiar o espectáculo que creei para vós con moito agarimo.

Foi unha xornada canourísima!!! Que merece volverse, de novo, tradición!!
Cambiar o significado de vellas palabras cargadas de prexuizos está na nosa man.
Parabéns a toda a organización!!! Grazas, Begoña!

A orixe na Biblioteca de Pontevedra

Regresamos á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, nesta ocasión co espectáculo de narración A Orixe:

Toin Toin en Narón

A coelliña Toin Toin non quería durmir, é moi rebuldeira… Entre todas as familias conseguimos que pechase os ollos… Por pouco tempo…

Próximas funcións

abril 2024

2024mércores24abrilalldayNa túa man no San Xoán de Filgueira(Todo o día: mércores) CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira

2024xoves25abrilalldayTravesías en en Carballo(Todo o día: xoves) Carballo

2024xoves25abrilalldayA Maleta da Avoa en CarballoFUNCIÓN ESCOLAR(Todo o día: xoves) Carballo

2024venres26abrilalldayRaposadas en Pazos de Borbén(Todo o día: venres) Auditorio de Pazos de Borbén

maio 2024

2024mércores08maio10:0016:00Cine de historias en Fafe (Portugal)10:00 - 16:00 Teatro Cinema de Fafe

Ver toda a axenda

Falan dos espectáculos:

Ver todas as noticias

X