Xa está aquí Ler Conta Moito 2017 !!!

rbpg

 

Amigas bibliotecarias, amigos bibliotecarios: xa está dispoñible o catálogo de actividades de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da lectura que a  Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Este ano 2017, entre as actividades seleccionadas para incorporarse ó catálogo, encóntranse dous dos meus espectáculos de contos: Mariña, contos nacidos do mar,  e Romaría, contos e lendas da nosa terra.

Lembrade que o prazo para solicitar as actividades comeza o 1 de febreiro e remata o 15 de febreiro.

Se estades interesados en programar estes espectáculos de contos na vosa Biblioteca, podedes contactar comigo no teléfono 600 670 740, ou no meu correo info@raquelqueizas.com

Tamén podedes contactar con Urdime, a miña distribuidora, nos teléfonos 981 937 424,    679 946 957 ou no correo electrónico info@urdime.net.

 

Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.  Agora comparte con nós todas as súas historias e tráenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos e que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

 

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.

 

 

 

Nano regresa a Vigo!

Nano volve a Vigo polo nadal!. No marco da programación “Polo polo nada, un conto” realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Concello de Vigo, Nano visotou a Asociación de Veciños A Miñoca (o 23 de decembro), o Centro Cívico do Casco Vello (o 2 de xaneiro) e o a Asociación de Veciños NovoVigo de Navia.

Asociación de Veciños A Miñoca

 

Centro Cívico do Casco Vello

 

Asociación de Veciños NovoVigo